Javier Sánchez, o presunto fillo de Julio Iglesias, pide axuda ó Defensor do Pobo

Solicita por carta o amparo da institución e asegura contar "cunha proba irrefutable de ADN, obtida mediante un detective privado"
La revista 'Semana' recogió en su portada el primer intento de Javier por ser reconocido
photo_camera La revista 'Semana' recogió en su portada el primer intento de Javier por ser reconocido

Javier Sánchez Santos, o veciño de Valencia que pide ser recoñecido como fillo de Julio Iglesias tras unha proba de ADN que o certifica, iniciou unha campaña para pedir axuda á súa causa cunha carta remitida ao Defensor do Pobo, Francisco Fernández Marugán, e a institucións médicas. Na misiva, afirma que "Julio Iglesias é unha persoa moi coñecida e intentará por todos os medios que non chegue a reabrirse o caso na vía dos tribunais de xustiza".

"A afirmación de que Julio Iglesias é o meu pai non é gratuíta. Conto cunha proba irrefutable de ADN, obtida mediante un detective privado que foi ata Miami para conseguila, e tras as oportunas análises nun centro de análise xenética concluíron nun parentesco do 99,9 %", engade a carta.

O presunto fillo, defendido polo avogado Fernando Osuna, recorda que o seu caso foi xulgado en 1999 pero o perdeu por un defecto procedimental e recoñece que pode atopar dificultades para iniciar un novo proceso. Explica que agora decidiu continuar "con este labor unha vez que me foi acreditado científica e bioloxicamente a existencia desa relación xenética entre ambos".

Por iso, afirma que "estaría disposto a someterse a tantas probas como fosen necesarias para acreditar de xeito científico tal feito", e expresa o seu malestar polo feito de que "a ciencia vai por unha banda e o dereito por outro, xa que, cientificamente quedou acreditado que é fillo de Julio Iglesias". Na súa reclamación, Javier Sánchez considera que "debería prevalecer a investigación da paternidade sobre a cousa xulgada, xa que a Constitución é a norma suprema e prevalece sobre as demais leis do ordenamento xurídico".

Ademais, o presunto fillo de Julio Iglesias cre que sería conveniente promover un rexistro xenético "co fin único de saber a identidade das persoas, sobre todo nos casos de fillos orfos non recoñecidos polos seus pais".

Comentarios