lunes. 26.07.2021 |
El tiempo
lunes. 26.07.2021
El tiempo

Jacobo Eireos filmará a viaxe ao Polo Norte de oito rapaces con cancro

Jacobo Eireos (con camiseta verde), con Omar Montes (de blanco) nun anterior proxecto. EP
Jacobo Eireos (con camiseta verde), con Omar Montes (de blanco) nun anterior proxecto. EP
O director lucense dirixirá para Canal Sur oito capítulos de 'Desafío ártico', unha docuserie con paradas en Islandia e tamén Groenlandia

Jacobo Eireos (Lugo, 1975) deixará o glamour xitano de Gipsy Kings para producir e dirixir outra docuserie, Desafío ártico. O contido deste programa, que emitirá Canal Sur, consiste en que oito rapaces andaluces que padeceron cancro e xa o superaron camiñarán ao longo de cen quilómetros.

Cada rapaz procede dunha provincia. Participar no proxecto concíbese como un premio por ser "un supervivinte".

A viaxe comezará o día 3 de xullo e rematará o día 25. Consta de oito capítulos. "Non estarán todo o tempo sobre xeo porque sería monótono", apunta o realizador. A dinámica comezará en Málaga coa despedida e o traslado a Islandia, co que os mozos pasarán dunha temperatura media de 28 graos a outra de 5 baixo cero cando estean pisando xeo ártico. En Groenlandia visitarán un volcán e xéiseres.

A preparación sobre o terreo vailles requerir aprender a remar en kayak e piragua, preparar tendas de campaña, e saber que facer no caso de caer nunha fenda ou á agua. A expedición consistirá en percorrer uns 20 quilómetros diarios ata completar o centenar.

GIPSY KINGS. O realizador lucense é tamén responsable do popular Gipsy Kings, na que fará "un descanso tras sete temporadas porque hai que osixenar os personaxes". O momento culminante, que serviu para o peche para o reality sobre catro familias xitanas, foi a voda de La Rebe.

O reto nesta docuserie pasou de conseguir que os participantes actuasen con naturalidade "a manexar o seus egos" inchados pola fama. Hai que ter en conta que unha estrela de Gipsy Kings como La Rebe pasou de vender no mercadiño de Plasencia a ter unha vida en Instagram que distrae a máis dun millón de seguidores e a asinar autógrafos na Gran Vía de Madrid.

COCIÑA. Asemade outro novo proxecto no que está traballando Jacobo Eireos ten que ver con valorar os desperdicios. "Será un programa de cociña sostible que se vai chamar O chef de lixo", apunta o director sobre esta produción para HBO que se gravará en xullo e agosto en oito países.

O formato consistirá en que un cociñeiro de prestixio, un por cada país participante, cociñará con alimentos que recuperarán tras ser tirados como non aproveitables para cociñar. Como exemplo, "demostrar que se pode facer delicatessen cunhas mondas de pataca".

Jacobo Eireos filmará a viaxe ao Polo Norte de oito rapaces con cancro
comentarios