Internet indígnase polo cambio de logo de Correos e o seu elevado custo

Os cambios son mínimos e o prezo que se pagou polo cambio ascende aos 250.000 euros

Logos de Correos. EP
photo_camera Logos de Correos. EP

O cambio do logo de Correos foi este mércores o díxomedíxome en Internet. Os usuarios non podían crer a diferenza entre as modificacións na imaxe e o custo final.

Os cambios son mínimos no debuxo do servizo postal do Estado. En cambio, o custo que houbo que pagar á empresa encargada de facer os cambios é máximo. Ou iso parecen a moitos internautas os 250.000 euros que se pagaron á empresa encargada.

Tan só se simplificou a coroa, elimináronse algúns remates e a cruz converteuse nun signo positivo.

Desde a empresa, aseguran que agora a imaxe é "sinxela, aberta e dixital" e que transmite principios de "sustentabilidade e internacionalización".

Comentarios