Instagram cae a nivel mundial durante dúas horas

Non permitiu aos seus usuarios que subisen fotografías nin stories durante unhas horas

Instagram. EP
photo_camera Instagram. EP

A rede social Instagram caeu a nivel mundial e non permitiu aos seus usuarios que subisen fotografías nin stories durante unhas horas. "Publicarase en canto sexa posible", era a mensaxe que aparecía cando alguén intentaba subir unha fotografía.

Ao entrar desde un computador, aparecía a mensaxe 5xx Server Error. Os usuarios que conseguían acceder á aplicación só podían ver as publicacións dos seus contactos.

Os problemas producíronse entre as oito e as dez da mañá.

Comentarios