Os presentadores de 'MasterChef' indignan coa súa imitación do acento galego: "Insultante"

Moitos usuarios consideraron unha "burla" a parodia de Pepe Rodríguez e Samantha Vallejo-Nájera durante a proba gravada na Coruña
Pepe Rodríguez y Samantha Vallejo-Nájera, en A Coruña. TVE
photo_camera Pepe Rodríguez y Samantha Vallejo-Nájera, en A Coruña. TVE

"Humor casposo". "Unha burla". "Insultante". Estes son só algúns dos cualificativos que se puideron ler nas redes sociais tras a emisión, durante a úlitma entrega de MasterChef Celebrity 6, cuxa proba de exteriores desenvolveuse en A Coruña.

O motivo que provocou a indignación entre algúns espectadores foi a imitación do acento galego que fixeron os chefs que presentan o popular concurso de cociña en TVE.

Vitoria Abril derrúbase ao falar da súa nai en 'Masterchef': "Pediume a eutanasia"

En concreto, nunha pasaxe que xa se compartiu polas redes, Pepe Rodríguez e Samantha Vallejo-Nájera trataron de vender percebes coma se fosen galegos. E o resultado foi máis ben ridículo, co seu intento errado de imitar o acento e o rosario de clichés no que se apoiaron. "Samantiña, o meu avó era de Porriño e foi persebeiro de toda a vida", dicía o cociñeiro, ante a cara de incredulidade de Jordi Cruz.

Comentarios