Íker Jiménez recorda ao 'Alemán de Camelle' en 'Cuarto Milenio'

'Cuarto milenio' contou a historia de Manfred Gnädinger, a súa chegada á Costa da Morte, a súa obra e o seu "presaxio" sobre o Prestige
Manfred Gnädinger, 'Man', en una imagen de archivo
photo_camera Manfred Gnädinger, 'Man', en una imagen de archivo

O programa de televisión Cuarto milenio emitiu este domingo unha reportaxe sobre o Alemán de Camelle, 'Man'.

O espazo de Cuatro fixo un repaso pola figura e obra do "último ermitaño": Como chegou a Camelle? , De que vivía no seu "paraíso perdido"?, Como era o seu día a día á marxe do sistema?

O programa presentado por Íker Jiménez recordou un soño "moi recorrente" que tiña Manfred Gnädinger sobre unha balea de alcatrán que chegaba á Costa da Morte. Un "presaxio" da traxedia do Prestige, que cubriu de petroleo as súas esculturas e, segundo veciños do lugar, acabou matando de "melancolía" ao artista. 


Comentarios