Iker Casillas adquire o 'coche fantástico'

Compartiu na súa conta de Instagram unha fotografía ao volante dunha réplica do mítico KITT
Iker Casillas. REAL MADRID
photo_camera Iker Casillas. REAL MADRID

Iker Casillas sorrí á vida con optimismo logo de atravesar unha tempada marcada polos problemas de saúde del e da súa parella, Sara Carbonero.

O exfutbolista confesouse en Instagram como un auténtico nostálxico das series dos 80 ao facer pública a adquisición dunha réplica do mítico coche fantástico da serie protagonizada por David Hasselhoff, na que interpretaba a Michael Knight.

A foto do exportero do Real Madrid e da Selección Española aos mandos do bólido causou sensación nas redes. No entanto, sempre hai algún seguidor quisquilloso que lle pon pegas a todo e hai quen remarcou que o coche non é o orixinal da serie, ao delatarlle o volante redondo en lugar do cadrado orixinal.

Casillas publica esta imaxe só unha semana despois de que Carbonero tivese que ser ingresada para ser intervida cirurxicamente. No seu momento saltaron as alarmas ao transcender que se trataba dunha recaída do cancro de ovarios que lle diagnosticaron hai dous anos, aínda que finalmente isto foi desmentido.

Comentarios