Un home ponse oito quilos de roupa encima para evitar pagar recarga na equipaxe

As normas de EasyJet, coa que este turista escocés viaxaba, obrigábanlle a pagar 13 euros por cada quilo a maiores 

O persoal da compañía EasyJet do aeroporto de Niza non daba crédito. Un home presentouse no control do voo a Edimburgo con 15 capas de roupa encima, todo o que non lle cabía na maleta.

A normativa da compañía aérea obrigáballe a pagar 105 euros a maiores pola súa equipaxe, 13 por cada quilo que se pasaba do máximo permitido. A equipaxe de man gratuíta que está permitido levar na cabina non pode superar as medidas 56x45x25, pola contra hai que pagar por facturar a maleta.

Cando este turista escocés deuse conta de que non lle cabía toda a roupa e tería que facturar, empezou a buscar alternativas. A solución quedou rexistrada na conta de Twitter do seu fillo, desde onde subiu un vídeo do seu pai póndose capas e capas de roupa para evitar o pago. O vídeo acumula xa máis de 800.000 visualizaciones.

Suitcase was over the weight limit in the airport so ma Da whipped oot aboot 15 shirts n wacked every one a them on to make the weight🤣🤣🤣😂😂cunt wis sweatin pic.twitter.com/7h7FBgrt03

— Josh Irvine (@joshirvine7) 6 de xullo de 2019

Tirando de enxeño, finalmente o home puido embarcar sen máis consecuencias que aguantar as gargalladas do persoal aéreo, que en palabras do seu fillo "choraba de risa". "Pasar o control foi o máis difícil porque pensaron que o meu pai estaba a tratar de ocultar algo debaixo da súa roupa", explicou.

Comentarios