A hemeroteca condena o paso de Isabel Díaz Ayuso por 'El Hormiguero'

A presidenta da Comunidade de Madrid criticaba en 2014 o recibimento que tivo Pedro Sánchez no programa, pero agora non se lle ve molesta por ser acollida entre aclamacións e berros de "Presidenta"
Isabel Díaz Ayuso, en 'El Hormiguero'. ATRESMEDIA
photo_camera Isabel Díaz Ayuso, en 'El Hormiguero'. ATRESMEDIA

Na maraña das redes sociais, poboada por desinformación e dispersión, tamén hai sitio para a vixilancia. Os usuarios non perdoan a hipocrisía e o que prometía ser un paseo triunfal de Díaz Ayuso por El Hormiguero viuse ensombrecido por un tuit da popular en 2014.

A presidenta da Comunidade de Madrid foi recibida no programa entre aplausos, aclamacións e berros de "Presidenta!". Incluso Pablo Motos indicaba que "este recibimento non llo adoitan facer a todos os políticos". 

A reacción de Ayuso, encantada coa situación, foi a de ameazar co pranto: "Eu son moi chorica. A ver se imos empezar aí coa bágoa fácil". 

O paraíso que a política descubriu en El Hormiguero parece que ten pouco que ver co que denunciaba nun tuit de 2014 que foi rescatado en redes sociais. "Que grandes os socialistas. Enchen o público do Hormiguero de afiliados do PSM e todos a aplaudir e besuquear ao xefe no descanso".

Un usuario respondíalle: "Dáme rabia dicir isto, pero para estas cousas dannos mil voltas...". Ayuso replicaba: "Son moi bos. Están a deixarse as palmas en cada resposta"

A hemeroteca non perdoa. 

Comentarios