García Bernal e Scarlett Johansson, entre os presentadores dos Óscar

Halle Berry ou Samuel L. Jackson tamén entregarán algún galardón ► Jimmy Kimmel será o mestre de cerimonias
Gael García Bernal y Scarlett Johansson
photo_camera Gael García Bernal y Scarlett Johansson

A Academia de Hollywood anunciou este martes unha nova rolda de presentadores para a 89 edición dos Óscar, entre os que figuran o actor mexicano Gael García Bernal e a actriz Scarlett Johansson. Tamén subirán ao escenario para entregar algunha das figuras Halle Berry, Jamie Dornan, Chris Evans, Samuel L. Jackson, Dakota Johnson, Shirley Maclaine, Kate McKinnon e Hailee Steinfeld

"Estes actores son a razón pola que imos ás películas", dixo o produtor da gala, Michael De Luca. "Desde grandes producións a cintas independentes, estes artistas sempre dan o mellor de si mesmos e estamos encantados de darlles a benvida á 89 edición dos Óscar", agregou. 

"Estes actores son a razón pola que imos ás películas", dixo o produtor da gala, Michael De Luca

Previamente deuse a coñecer que Leonardo DiCaprio, Brie Larson, Mark Rylance e Alicia Vikander, gañadores do premio nas categorías de interpretación durante a edición do ano pasado, tamén acudirán á cerimonia. 

García Bernal apareceu en Babel e Diarios de motocicleta, ambas as dúas galardoadas co premio da Academia. No seu expediente tamén figuran Y Tú Mamá También e Amores Perros, candidatas ao Óscar. 

A 89 edición dos Óscar, que contará con Jimmy Kimmel como mestre de cerimonias, levará a cabo o 26 de febreiro no Teatro Dolby, de Hollywood, e emitirase en máis de 225 países e territorios.

comentarios