"Se foses bollycao comíache ata o cromo"

Dúas rapazas de Melide arrasan en TikTok cun vídeo no que amosan como ligan as rapazas en galego
 
As dúas rapazas. TIK TOK
photo_camera As dúas rapazas. TIK TOK

O contido de TikTok está asolagando a rede. Os rapaces están a facer desta plataforma o seu medio favorito e xa se poden ver creacións de todo tipo. 

Nas últimas horas volveuse viral un vídeo de dúas rapazas de Melide no que amosan de forma divertida como ligan as mulleres galegas. Cun pouco de parodia e cun chisco de reivindicación, estas dúas amigas queren probar que non só os homes poden dicir o primeiro que lles vén á cabeza. 

@pxnnyy_

##Galicia ##parati ##gallegos_en_tik_tok

♬ sonido original - Penélope Gómez

"Tes os ollos máis bonitos que os faros dun John Deere" ou "iso é carne e non a que lle bota a miña nai ao cocido" son dúas das fórmulas que empregan.

O vídeo xa se achega ás 200.000 reproducións e aos 10.000 gústames.

Comentarios