Florentino: "José María García é un idiota"

O presidente do Real Madrid reaccionou así tras saber que o xornalista o acusaba de filtrar un presunto caso de dopaxe no Barça
Florentino Pérez
photo_camera Florentino Pérez

A investigación da trama Púnica, na que está implicado Alejandro de Pedro, contratado polo Real Madrid para tarefas de medios e posicionamento en 2014, revelou unha serie de SMS -feitos públicos agora polo Confidencial- da contorna merengue. Entre estas mensaxes destaca un do presidente do club, Florentino Pérez, que ao ser informado de que José María García estaba a acusalo de filtrar á Cope un posible caso de dopaxe no Barça, contestou a De Pedro que o xornalista era "un idiota". Por entón, a citada cadea tivo que indemnizar o Barcelona con 200.000 euros por aquelas informacións erróneas.

Comentarios