Fiel ao seu estilo, Toni Cantó volve facer o ridículo en Twitter

Tras episodios tan míticos como a súa proposta de voar polo aire a televisión pública valenciana ou publicar datos falsos sobre a violencia de xénero, o actor Toni Cantó, en calidade de deputado e chieiro nervioso, volve empolicarse en todo o máis alto dos trending topic tras outra metedura de zoca nas redes sociais.

Nesta ocasión, o aforado por UPyD mostrouse indignado con que ''Arnaldo Otegui'' teña facilidades para ''chiar desde o cárcere''. Como é evidente, nin Otegui nin ningún preso teñen acceso ás redes sociais desde prisión e, neste caso, a conta do líder abertzale é xestionada por unha terceira persoa desde o seu ingreso no cárcere.

Como era previsible, as burlas non se fixeron esperar. A continuación poden consultar as críticas e chistes que xerou tal ocorrencia.


Comentarios