Fernando Ojea, novo secretario xeral de Circom

O responsable de Comunicación da CRTVG foi nomeado en Bulgaria directivo da organización que agrupa televisións rexionais de 32 países

A asemblea anual de Circom Rexional, reunida en Plovdiv (Bulgaria), elixiu o director de Comunicación da CRTVG, Fernando Ojea, para o posto de secretario xeral da organización que agrupa a televisións rexionais de 32 países europeos.

Substitúe no cargo ao sueco Johan Linden, que estaba nel desde 2011. Ojea ocupará a máxima representación de Circom xunto ao presidente, o francés Jean-Marc Dubois, no desempeño dunha función executiva que será compatible coa súa actual responsabilidade na CRTVG.

Fernando Ojea traballou en La Voz de Galicia, dirixiu Atlántico Diario, do Grupo La Región, e é membro da directiva de Circom desde 2012.
É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, diplomado en Estudos Avanzados en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña e diplomado en Alta Dirección pola Escola de Negocios Afundación de Vigo.

Comentarios