FBI e Apple toman cartas no asunto da filtración de fotos de famosas

A filtración dunhas cen imaxes íntimas de famosas extraídas das súas contas persoais de iCloud está a ser investigada pola FBI e a propia compañía Apple.

A oficina de investigación americana declarou a The Hollywood Reporter que "están a traballar no caso", aínda que non deu maiores explicacións.

Pola súa banda, Apple, cuxo servizo iCloud foi a raíz destas filtracións debido a un fallo no seu funcionamento, está a investigar se estas imaxes conseguíronse a través do hackeo das contas das vítimas: "Tomámonos a privacidade dos nosos usuarios moi en serio, e estamos a investigar sobre o problema de xeito activo", declarou Nat Kerris, portavoz da compañía.

Os representantes da actriz Jennifer Lawrence enviaron un comunicado que condenaba este acto como "unha flagrante violación da privacidade", alegando un posible hackeo do móbil de Lawrence.

Outras famosas afectadas foron a modelo Kate Upton ou a actriz Mary Elizabeth Winstead. O caso máis parecido foi o de Christopher Chaney en 2012, sentenciado a dez anos de cárcere tras hackear as contas de email de Scarlett Johansson e outras celebridades.

Comentarios