Falece aos 72 anos a actriz Dorotea Bárcena

A súa morte pon de loito á escena galega, que era consciente do seu delicado estado de saúde nos últimos tempos
La actriz Dorotea Bárcena
photo_camera La actriz Dorotea Bárcena

Dorotea Bárcena, que logrou gran popularidade no programa dos 'Tonechos' na Televisión de Galicia co seu papel de sogra de Roberto Vilar, chamábase en realidade Adoración Sánchez Bárcena e nacera en Oviedo o 9 de xullo de 1944, polo que contaba con 72 anos.

Diplomada en maxisterio, abandonou pronto os labores docentes en Vigo para dedicarse ao teatro na súa dobre condición de directora teatral e actriz. Foi directora do Centro Dramático Galego, creou a compañía Teatro da Lúa, actuou con algúns dos principais actores e actrices do panorama galego e nacional e logrou gran popularidade polos seus papeis no cine e fundamentalmente na televisión.

A súa morte, este 22 de novembro, causou sorpresa, aínda que os seus compañeiros de profesión eran conscientes de que o seu estado de saúde era delicado desde hai tempo.

Comentarios