Falece Fernando Guillén

O actor catalán Fernando Guillén, protagonista, entre outras moitas películas de Mujeres al borde de un ataque de nervios, morreu hoxe en Madrid aos 81 anos, informou a Academia de Cine.

Pai dos tamén actores Cayetana e Fernando Guillén-Cuervo, gañou un Goya por Don Juan en los infiernos e desenvolveu unha sólida carreira teatral e televisiva.

Fernando Guillén faleceu ás 14.30 horas no Hospital San Chinarro de Madrid, "por causas naturais", informou a familia nun comunicado.

A familia agradeceu ademais, na nota, "o respecto e o agarimo de todos".

A capela ardente do actor, nacido en Barcelona en novembro de 1931, instalarase no tanatorio da Paz, en Tres Cantos, desde as 19.00 horas de hoxe e ata as 15.00 horas de mañá. 

Comentarios