Falece Ángel de Andrés, actor de 'Manos a la obra'

O intérprete traballou en varias ocasións con Pedro Almodóvar e con outros directores como Ricardo Franco, Alex de la Iglesia ou Carlos Saura
Ángel de Andrés, en su papel de Manolo, en 'Manos a la obra'
photo_camera Ángel de Andrés, en su papel de Manolo, en 'Manos a la obra'

O actor Ángel de Andrés López, o popular Manolo da serie Manos a la obra faleceu este mércores á idade de 64 anos, segundo confirmaron fontes próximas ao intérprete.

De Andrés alcanzou relevancia nos comezos dos anos 80 grazas ao seu papel na película de Pedro Almodóvar ¿Qué hice yo para merecer esto?, na que encarnaba ao marido de Carmen Maura. Posteriormente, traballou de novo co cineasta manchego en Mujeres al borde de un ataque de nervios e con outros directores como Ricardo Franco, Alex de la Iglesia ou Carlos Saura.

No entanto, o actor alcanzou a súa maior popularidade co seu traballo na serie Manos a la obra, na que, xunto con Carlos Iglesias, daban vida aos 'chapuzas' Manolo e Benito. O seu último traballo en televisión foi na serie de La 1 Carlos, Rey Emperador. 

Comentarios