Fallece Begoña Caamaño, periodista de la Radio Galega

Begoña Caamaño, xornalista da Radio Galega, faleceu hoxe en Santiago de Compostela aos 50 anos vítima dun cancro, informou a CRTVG nun comunicado.

Ademais do seu labor xornalístico, destacou tamén como novelista e en 2012 obtivo o recoñecemento da Asociación Española de Críticos Literarios pola obra en galego Morgana en Esmelle.

Viguesa de nacemento, Begoña Caamaño destacou tamén como loitadora polos dereitos da muller, dos traballadores e dos máis desfavorecidos.

Durante a súa etapa na Radio Galega alternou etapas nos servizos informativos con outras en programas culturais. No ámbito sindical, chegou a ocupar o cargo de presidenta do Comité Interempresas da CRTVG.

Comentarios