Eva Cárdenas aventúrase no sector inmobiliario tras deixar Zara Home

A parella de Feijóo creou a sociedade Niebla Azul, domiciliada na Coruña

Alberto Núñez Feijóo y Eva Cárdenas. ZIPI (EFE)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo e Eva Cárdenas. ZIPI (EFE)

Tras pasar 15 anos á fronte de Zara Home e abandonar o grupo Inditex para centrarse na súa familia, Eva Cárdenas orienta agora o seu futuro profesional cara un novo sector: o inmobiliario. A parella de Alberto Núñez Feijóo creou unha sociedade domiciliada na Coruña, Niebla Azul, na que xa inxectou 190.000 euros.

Segundo informa Voz Pópuli, a exexecutiva da multinacional téxtil aparece como única socia desta empresa dedicada "á adquisición, promoción, rehabilitación, compravenda ou arrendamento non financeiro de toda clase de inmobles".

Cárdenas deixou a dirección de Zara Home a finais de outubro do ano pasado alegando motivos persoais. Entón deuse por suposto que tomaba esa decisión para centrarse no coidado de Alberto, o fillo que ten en común co presidente da Xunta, nacido en febreiro de 2017. Pero pouco ou nada permaneceu inactiva.

Comentarios