Un estudo detecta coronavirus en augas residuais de Barcelona en marzo de 2019

Vista de Barcelona. EFE
photo_camera Vista de Barcelona. EFE

Investigadores da Universitat de Barcelona (UB) detectaron a presenza do coronavirus en mostras de augas residuais de Barcelona recollidas o 12 de marzo de 2019, nun estudo en colaboración con Aigües de Barcelona. 

O repositorio medRxiv publicou os resultados que apuntan a que o virus estaba presente "moito antes de que se tivese constancia de calquera caso de Covid-19 no mundo", segundo informou a UB este venres a través dun comunicado. 

Demostrouse que hai cantidades de xenoma do coronavirus nas feces, que posteriormente chegan ás augas residuais, polo que a epidemioloxía baseada nestas augas é "unha ferramenta potencial de alerta precoz" da circulación do virus entre a poboación. 

Así, identificouse a aparición de xenomas entre principios de xaneiro e principios de marzo de 2020, o que adianta a cronoloxía da súa chegada a España: xa o 15 de xaneiro detectábase a presenza do virus, 41 días antes da declaración do primeiro caso. 

Estes resultados levaron aos investigadores a analizar algunhas mostras conxeladas entre xaneiro de 2018 e decembro de 2019, e atopáronse xenomas en marzo de 2019. Os investigadores cren que, dado que a maioría de casos de Covid-19 mostran unha sintomatoloxía similar á gripe, os primeiros "quedaron enmascarados"

Comentarios