Un estudante barcelonés gana os 100.000 euros de '¡Ahora caigo!'

A tempada actual é a segunda máis vista da historia do programa

Arturo Valls, presentador de '¡Ahora Caigo!'. A3
photo_camera Arturo Valls, presentador do espazo. A3

Rafael Morillas, estudante de Ciencias Políticas e Dereito de 19 anos e de Barcelona, converteuse no concursante número 17 que gaña os cen mil euros de ¡Ahora caigo!, nun programa que emitirá este martes Antena 3.

Logo de máis de 1.500 emisións, o espazo presentado por Arturo Valls volve outorgar o seu máximo premio, que conseguiu por última vez David Gurpegui, un mozo de 28 anos de Pamplona, o 19 de outubro de 2017, recorda a cadea nunha nota.

A tempada actual é a segunda máis vista da súa historia, cunha media de 14,6 de cota de pantalla, 0,4 puntos máis que na pasada, e 1,5 millóns de espectadores de media.

Comentarios