Estudan un posible caso da variante surafricana do covid en Madrid

Un sanitario realizando un test PCR. ALEX PLAVEVSKI (EFE)
photo_camera Un sanitario realizando un test PCR. ALEX PLAVEVSKI (EFE)

As autoridades sanitarias de Madrid están a estudar un posible caso da variante surafricana do covid-19 nun cidadán que viaxou a ese país e que actualmente está hospitalizado na capital española. O viceconselleiro de Saúde Pública, Antonio Zapatero, avanzou que os resultados desa análise coñeceranse a próxima semana.

Segundo explicou este venres nunha rolda de prensa, confirmáronse 48 casos da variante británica do virus e estanse "facendo mostraxes con centos de PCR" para coñecer a súa incidencia.

Comentarios