A emotiva despedida que lle dedicou Piqueras a Sonsoles Ónega

A xornalista de raíces lucenses deixa os Informativos de Telecinco para conducir un novo espazo de faladoiro político

Piqueras y Ónega. TELECINCO
photo_camera Piqueras e Ónega. TELECINCO

A xornalista Sonsoles Ónega, filla do lucense Fernando Ónega, iniciará unha nova etapa profesional coa condución do programa Ya es mediodía, a nova aposta de Telecinco que estreará a próxima tempada e que se emitirá logo de El programa de Ana Rosa.

Será un faladoiro político co que a cadea pretende recuperar presenza nunha franxa na que non ten bos resultados de audiencia. O venres, Pedro Piqueras despediuse dela no Informativo e desexoulle sorte na súa nova andaina. 

comentarios