jueves. 26.05.2022 |
El tiempo
jueves. 26.05.2022
El tiempo

ElXokas asina o terceiro 'stream' máis visto da historia entre hispanohablantes

ElXokas
ElXokas
O lucense protagonizou nas últimas horas un discurso sobre os impostos que deben pagar os autónomos que tivo unha gran repercusión

O streamer lucense ElXokas logrou o pasado luns congregar a máis de 13 millóns de espectadores no seu directo por Twitch, sendo o terceiro máis visto na historia das retransmisións hispanohablantes. "A maior barbaridade da miña vida, acabamos de facer historia", comentou nas redes.

A retransmisión deuse durante o evento Squid Craft Games, El juego del calamar en Minecraft para streamers, cando no enfrontamento final entre ElXokas e OllieGamerZ.

Aínda que non se impuxo na proba, o streamer lucense conseguiu máis 13 millóns de espectadores que seguiron a partida a través da súa canle de Twitch e o seu número se seguidores subiu a 38.000.

RAJADA SOBRE OS IMPOSTOS. O streamer foi tamén tendencia en Youtube, onde lanzou un discurso no que expresou a súa indignación dos impostos que deben pagar os autónomos e que tivo unha gran repercusión en Twitter, onde se converteu en trending topic.

ElXokas asina o terceiro 'stream' máis visto da historia entre...