O rei Juan Carlos celebra o seu santo co goberno local de Sanxenxo

Membros do bipartito local fixeron de anfitrións do evento, ao que tamén acudiu a presidenta do Congreso, Ana Pastor

Don Juan Carlos de Borbón volveu a visitar unha das súas localidades favoritas: Sanxenxo. Esta vez, con todo, o motivo non está na súa habitual participación nas regatas disputadas en augas sanxenxinas, senón na celebración do seu santo.

Os membros do bipartito de Sanxenxo organizaron unha cea con motivo da onomástica do rei emerito á que asistiu tamén a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor.

Ademais deles, e dos membros do goberno local, á cita acudiron diferentes representantes do sector socioeconómico do Concello.

A cea celebrouse no Real Club Náutico de Sanxenxo, un lugar que o rei Juan Carlos coñece ben pola gran amizade que lle une co presidente da entidade, Pedro Campos.

Comentarios