O Rei abandona a clínica e seguirá a súa recuperación na Zarzuela

O Rei sairá esta tarde da Clínica Planas, de Barcelona, e continuará a rehabilitación da perna na súa residencia do Palacio da Zarzuela durante os próximos días con sesións diarias de fisioterapia.

Segundo un comunicado da Casa do Rei, Don Juan Carlos conclúe así a primeira fase da súa recuperación da operación, á que foi sometido no seu xeonllo dereito o pasado día 3 de xuño no Hospital San José, de Madrid.

Tras a artroplastia, recibiu o alta hospitalaria o pasado día 5 e ingresou na Clínica Planas, en Barcelona, para recibir coidados postoperatorios e de fisioterapia intensiva durante unha semana.

Comentarios