O Resurrection reporta en dez anos beneficios por máis de 30 millóns

A organización calcula que este ano se superarán os 6 millóns. Cada edición supón uns 800 empregos directos e indirectos. As citas musicais eríxense en nicho de negocio e compiten en público coa liga de primeira en España
Los resus se han convertido en paisanaje habitual de Viveiro
photo_camera Los resus se han convertido en paisanaje habitual de Viveiro

"Galipizza precisa cociñeiro/a con experiencia en prancha para o Resurrection Fest 2016; interesados poden enviar o seu currículo a [email protected]". Este anuncio de emprego podíase ler esta semana en Facebook. A persoa seleccionada será unha das 500 que consigan un posto de traballo á calor do festival de músicas extremas que se erixiu nun dos signos de identidade de Viveiro. A organización calcula que o Resu xerará en tres días un impacto de máis de 6 millóns de euros na Mariña e que nunha década reportaría beneficios por máis de 30 millóns.

O máis grande de cantos festivais de música se celebran en Galicia por volume de asistentes terá lugar o xoves, venres e sábado da próxima semana. Os viveireses hai xa uns días que viron aos primeiros resus –así se coñece aos fieis do festival– e, hoxe mesmo, os hoteis comezarán a recibir ao –primeiro continxente dos 80.000 festivaleros que se agardan.

O Resu comezou na máis absoluta modestia en 2006. O número de asistentes, a importancia das bandas e a repercusión económica da marea negra de metaleiros e hardcoretas crece en progresión xeométrica ano a ano, do mesmo xeito que os escenarios, as zonas de acampada ou todo o aparato que acompaña ao festival. Coa boca pequena, case a totalidade dos hostaleiros da cidade do Landro recoñecen que hai moito tempo que é máis rendible que a Semana Santa, pero engaden a continuación que non se poña na súa boca, por aquilo do que dirán. "E o certo é que poden convivir perfectamente ambas as citas", apuntan.


<<Lea a reportaxe completa na edición impresa deste domingo de El Progreso>>

Comentarios