El Progreso é líder na provincia de Lugo e o terceiro diario de Galicia

A edición impresa do xornal lucense totaliza 95.000 lectores, segundo o EGM
El Progreso reafirma, además, su liderazgo indiscutible en la provincia de Lugo, con un crecimiento de su audiencia del 2,3 por ciento
photo_camera El Progreso reafirma, además, su liderazgo indiscutible en la provincia de Lugo, con un crecimiento de su audiencia del 2,3 por ciento

El Progreso, con 95.000 lectores diarios, que lle atribúe o Estudio General de Medios (EGM), é líder na provincia de Lugo. Na capital provincial suma 42.655, o que representa o 44,9% do total dos seus lectores. Mantense novamente como terceiro xornal de Galicia por número de lectores.

Segundo os datos que dinfundiu este mércores o EGM, o 97,9% dos lectores do Progreso están na provincia de Lugo e un 2,1% na provincia da Coruña. O 60,7% dos lectores de El Progreso está casado, un 31,2% está comprendido entre os 14 e os 44 anos, un 35,8% ten estudos medios e un 17% ten unha titulación superior. O cento por cento declara que entende o galego,  idioma familiar do 44,8%.

Diario de Pontevedra, que pertence ao mesmo grupo editorial que El Progreso, mantén a súa posición de liderado na capital pontevedresa. Séguenlle, por número de lectores en Pontevedra capital, Faro de Vigo e La Voz de Galicia.

O ranking de lectores dos xornais en Galicia, segundo o EGM, encabézao La Voz, á que seguen Faro de Vigo, El Progreso, La Región, El Correo Gallego, La Opinión, Diario de Pontevedra, Diario de Ferrol, El Ideal Galego e Atlántico Diario.

Os datos desta onda do EGM correspondente ao período outubro-maio presentan unha tendencia en toda España de descenso no número de lectores, tanto da
prensa de información xeral como da deportiva.

Comentarios