'El Intermedio' convence a Trump de que 'American first, Spain second'

"Nós tamén levantamos un muro con México, cando Paulina Rubio e Colate romperon", asegura o vídeo satírico
El vídeo 'American first, Spain second' de El Intermedio ridiculiza a Trump
photo_camera El vídeo 'American first, Spain second' de El Intermedio ridiculiza a Trump

Hai unhas semanas o programa da televisión holandesa Zondag Met Lubach daba a benvida a Trump como presidente dos Estados Unidos cun satírico vídeo tomando como referencia a frase tan manida de "American First". Tras esta primeira produción, numerosos países como Portugal, Alemaña ou Bélxica producieron a súa propia proposta para "caerlle ben" a Donald Trump e convencelo das calidades dos seus respectivos territorios.

Pois ben, a falta dun anuncio que representase a España ante o presidente estadounidense, El Intermedio, da Sexta, produciu un curto que resumise todas as súas "virtudes". "Señor presidente: este é un vídeo oficial para que saiba como de incrible é España", arrinca o vídeo para dar paso a unha verdadeira clase de política e cultura.

O anuncio, narrado en inglés e imitando o ton de Trump, tira de tópicos, rivalidades territoriais e presenta ao millonario de misóxino, racista e un tanto patético. "Francia? Xente desagradable. Portugal? Asqueroso. Andorra? Aburrido. Os bancos de Andorra? O mellor do mundo" ou  "Non só fomos un imperio de extensión mundial –continúa o vídeo–, tamén fomos pioneiros en algo que a vostede lle encantará: expulsar aos musulmáns do noso país!" son algunhas das frases máis emblemáticas do anuncio. Ao que engade que agora "xa só expulsamos aos nosos licenciados".

Por suposto, ao falar de Donald Trump é necesario mencionar a México e para iso El Intermedio déixao claro: "Pero o máis importante que ten que saber de España é que non somos México. Nós tamén levantamos un muro con eles, cando Paulina Rubio e Colate romperon". 

Comentarios