O director galego Rodrigo Cortés contará con Uma Thurman na súa nova película: 'Down a dark hall'

A rodaxe iniciarase en Gran Canaria, onde xa esperan á famosa artista
Rodrigo Cortés
photo_camera Rodrigo Cortés

A estrela de Hollywood Uma Thurman viaxará a Gran Canaria para a rodaxe da película Down a dark hall, que se iniciará o vindeiro luns ás ordes do director galego Rodrigo Cortés.

Baseada nun libro homónimo da escritora Lois Duncan, na cinta participan tamén as actrices AnnaSophia Robb e Isabelle Fuhrman, e a rodaxe estenderase en Las Palmas de Gran Canaria desde o 5 ao 18 de decembro, informou Concello da capital.

A rodaxe mobilizará a máis de 150 profesionais locais de diverso tipo, desde técnicos a figurantes, ademais do equipo que desprazará Rodrigo Cortés. A vida cotiá da cidade canaria verase alterada durante eses días, xa que a rodaxe obrigará a organizar un dispositivo especial de tráfico que inclúe peches parciais de rúas e modificacións temporais das liñas de transporte público.


Uma Thurman será o principal atractivo durante estes días en Gran Canaria


As inmediacións do Gabinete Literario e da Plaza de la Feria, entre o centro histórico da capital e os seus arredores, serán o centro dos traballos do equipo do filme, coproducido polas españolas Atresmedia Cine e Nostromo Pictures e as estadounidenses Amorne Hill Entertainment e Fickle Fish Films.

Desde o Cabildo da illa espérase que os famosos chegados para a súa rodaxe anímense a coñecer tamén outros recunchos da súa xeografía e, en especial, Uma Thurman, subliñou Raúl García Brink, máximo responsable da Gran Canaria Filme Comission, dedicada á promoción do sector audiovisual.

García Brink explicou que as súas expectativas obedecen ao feito de que, de acordo ás súas noticias, a actriz "é unha persoa inqueda e con moita curiosidade, que sempre procura saber o máis posible dos lugares polos que pasa".

A vocación de estudio cinematográfico de grandes producións nacionais e internacionais en Gran Canaria deu froitos xa coa rodaxe de películas como Allied, protagonizada por Brad Pitt, ou Los últimos de Filipinas.

Comentarios