O CSIC publica un libro sobre os efectos do Camiño ata Fisterra

Analiza o impacto nas poboacións locais e o proceso de transformación da ruta no municipio coruñés

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) reuniu nun libro os resultados do proxecto de investigación Procesos de patrimonialización no Camiño de Santiago: tramo Santiago-Fisterra-Muxía.

O estudo, publicado pola editorial Springer, foi liderado polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) e financiado pola Xunta de Galicia.

Durante a investigación o equipo –integrado por especialistas en antropoloxía, sociología, historia e arqueoloxía– realizou traballo de campo para recoller datos que permitisen avaliar dous procesos.

Por unha banda, os efectos que está a ter a peregrinación nas poboacións locais, dentro do tramo Santiago-Fisterra-Muxía, e, por outra, o proceso de transformación de Fisterra nun elemento mítico do Camiño.

A obra divídese en oito capítulos en tres bloques: Historia, mitos e lendas do fin do mundo, Impacto local da peregrinación a Fisterra e Espiritualidade, motivos e o fin do mundo.

Comentarios