domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Brión pedirá a Feijóo que non derrogue o decreto do galego

O Concello coruñés de Brión acordou en sesión plenaria aprobar unha moción do BNG na que expresaba o seu apoio á lexislación vixente e instaba á Xunta a que non derrogue o Decreto que regula o uso do idioma galego no ensino.

A iniciativa saíu adiante cos votos do PSdeG, mentres que o PPdeG votou en contra tanto da moción como da súa tramitación por vía urxente.

O alcalde brionés, Xosé Luís García, sinalou que a urxencia da moción estaba motivada pola insistencia do PPdeG en ''perturbar a paz lingüística'', indicando que durante a pasada campaña electoral, os 'pupulares' inventáronse un conflito ''que non existía'', afirmou.

Aprobado polo Goberno Fraga
No pleno, a concelleira nacionalista Carme Robledo recordou que o Plan Xeral de Normalización dá Lingua Galega foi aprobado en setembro de 2004 por unanimidade e a proposta do goberno de Manuel Fraga, a quen citou lendo as palabras do entón presidente da Xunta no prólogo do referido plan, no que se alude a que a defensa do galego ''é algo moi serio'' que se debe levar a cabo ''sen falsidades nin demagoxias baratas'', indicou.

Pola súa banda, o portavoz do PPdeG, Carlos Tomé, que en primeiro lugar pediu un pouco máis de tempo para poder debater a moción, votou en contra da mesma alegando que os galegos lle deron a razón ao PP nas urnas, argumentando ademais que era necesario defender o castelán tanto en Galicia como en Brión.

Brión pedirá a Feijóo que non derrogue o decreto do galego
comentarios