Ed Sheeran tómase un respiro e volverá cando "viva un pouco máis"

O músico promete volver cando teña novo material sobre o que escribir
Ed Sheeran. AEP
photo_camera Ed Sheeran. AEP

O cantante británico Ed Sheeran decidiu tomarse un descanso do traballo e das redes sociais para "viaxar, escribir e ler", e volverá compor cando "viva un pouco"máis .

Así o anuncia o artista de 28 anos na súa conta de Instagram, onde cambiou a súa imaxe do perfil pola icona "BRB" ("be right back", volverei enseguida) para informar das súas intencións ás súas máis de 32,2 millóns de seguidores, dos que se despide "con moito agarimo".

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Brb x

Una publicación compartida de Ed Sheeran (@teddysphotos) el

"A era Divide e a xira cambiáronme a vida de moitos xeitos, pero agora terminouse e é hora de saír e ver un pouco máis do mundo", escribe o músico, un dos máis exitosos de todos os tempos no Reino Unido.

Sheeran explica que traballou sen parar desde 2017, polo que necesita "un respiro" para practicar as súas afeccións e inspirarse, e estará fóra das redes sociais "ata que sexa o momento de volver".

"Prometo volver con música nova cando sexa o momento adecuado e viva un pouco máis para ter algo do que escribir", afirma.

O músico de Suffolk (este de Inglaterra), que xa se tomou un descanso en 2016, concluíu este ano a súa xira Divide, lanzada en marzo de 2017 e coa que realizou 260 espectáculos en máis de cincuenta países.
O seu cuarto álbum de estudo, Nº6 Collaborations Project, saíu á venda o pasado xullo e coroou durante semanas as listas de éxitos no Reino Unido.

Sheeran foi nomeado artista da década pola Official Charts Company por conseguir a marca de doce números un nas listas oficiais de éxitos de sinxelos e de álbums entre 2010 e 2019, máis que ningún outro colega.

Tamén se mantivo nos primeiros postos desas listas por máis tempo que ninguén, cun total de 79 semanas.

Comentarios