"O protagonismo gañeimo co meu traballo; non son un chocho"

A actriz confirma por fin a súa separación de David Bustamante nun acto publicitario dous meses despois de que transcendesen os problemas do matrimonio
Paula Echevarría y David Bustamante el día de su boda
photo_camera Paula Echevarría y David Bustamante el día de su boda

"O protagonismo gañeimo cos anos e co meu traballo, non sendo un chocho". A frase é de Paula Echevarría, quen reapareceu dous meses despois para promocionar a campaña #SmartGirl de Samsung. A actriz confirmou ao fin a súa separación de David Bustamante, aínda que asegurou que tanto ela como o cantante cántabro seguen loitando para superar a crise que rompeu a súa convivencia.

Foi nese contexto no que Echevarría pronunciou a contundente frase que acaparou titulares este xoves. "Creo que hai preguntas que están fóra de lugar, porque hai cousas que se sobreentenden e que non necesitan unha explicación. As cousas están como están", dixo a actriz despois, cando lle preguntaron polos problemas matrimoniais. Así, implicitamente, recoñeceu o que é un segredo a voces.

Comentarios