EA Sports rompe o seu acordo coa Fifa para a súa saga de fútbol

O derradero Fifa verá a luz este ano, o 23 ► En 2023 sairá á venda como EA Sports FC
Imagen promocional del EA Sport FC.TWITTER
photo_camera Imagen promocional del EA Sport FC.TWITTER

O Fifa cambiará de nome no próximo lanzamento da saga de videoxogos de fútbol desenvolvida pola compañía canadense EA Sports. Tras unha traxectoria que se perpetuou, tempada tras tempada, como a saga de videoxogos de fútbol máis exitosa da historia, a edición que vexa a luz no ano de 2023 deixará terá como nomee EA Sports FC.

A pesar de que a compañía non aclarou os motivos do cambio de nomenclatura, todo parece indicar a que se debe a un desacordo coa asociación que coordina o fútbol mundial, por un motivo económico sobre os dereitos de imaxe nomee de marca.

Segundo un artigo de The New York Times, a Fifa tiña a intención de incrementar a 250 millóns de dólares a cota que anualmente cobra polos dereitos de explotación polo uso da marca, unha cantidade moi por encima dos 150 millóns que veu cobrando a asociación nos últimos anos, un acordo que estaría vixente por toda unha década.

En calquera caso, Electronic Arts mantén a maioría das licenzas, xa que os dereitos dos clubs e os futbolistas profesionais non son xestionados pola Fifa, e asinou uns 300 contratos para manter a maior parte dos dereitos.

Por outra banda, o Fifa 23, que se publicará este ano, sairá ao mercado sobre as datas habituais e será o último en denominarse deste xeito, que sairá entre setembro e outubro.

O primeiro Fifa apareceu no 1993 e é un dos videojugos máis rendibles de todos os tiemmpos xerando uns 20.000 millóns de dólares. Ante o novo panorama, EA Sports anunciou que exporá novas vías de negocio para a explotación do videoxogo.

Comentarios