Críticas ao bailaor Amargo polas súas últimas declaracións homofóbicas

Nunha entrevista, Rafael Amargo sostivo que el é bisexual, crente e hetero. Nin maricón, nin gai" porque considera a homosexualidade como algo despectivo

Rafael Amargo. ARCHIVO
photo_camera Rafael Amargo. ARQUIVO

O bailarín e coreógrafo, Rafael Amargo, quixo matizar unhas declaracións realizadas sobre a súa orientación sexual. Nun principio, afirmou ser "bisexual, crente e hetero. Nin maricón, nin gai". As súas palabras suscitaron as críticas nas redes sociais nas que o acusaron de homofóbico. 

Logo disto, Amargo volveu falar para situarse aínda máis no punto de mira. En concreto, sostivo o seguinte: "Non son nin maricón nin gai. A min non me gusta que se chame a ninguén maricón porque é unha palabra despectiva e creo que un maricón é un terrorista, un pederasta, un fillo de p***, un ladrón, alguén que o faga algo mal".

As críticas, realizadas sobre todo en Twitter, céntranse en que fraco favor fan persoas como Amargo ao colectivo LGTBI e, en xeral, a toda a sociedade.
 

Comentarios