Deteñen a parella de Carmen Martínez Bordiú en Barajas

Timothy McKeague protagonizou un bochornoso altercado no aeroporto de Madrid

Carmen Martínez Bordiú. AEP
photo_camera Carmen Martínez Bordiú. AEP

Timothy McKeague, actual parella de Carmen Martínez Bordiú, foi detido pola Policía Nacional tras protagonizar un altercado no aeroporto de Barajas.

Segundo informou o programa Sálvame, McKeague dispúñase a coller un voo a Holanda, pero chegou á porta de embarque cando xa estaba pechada. Ao non deixarlle pasar, o noivo de Martínez Bordiú increpou aos traballadores da aeroliña, que decidiron chamar á Policía ante a súa actitude. 

Á espera do xuízo, McKeague atópase en liberdade con cargos por un "delito de atentado á seguridade do Estado".

Comentarios