'Después del amor', unha díficil e real novela de amor de Sonsoles Ónega

A filla do polense Fernando Ónega narra a historia de Carmen Trilla e Federico Escofet, premio Fernando Lara
Sonsoles Ónega sostiene su galardón
photo_camera Sonsoles Ónega sostiene su galardón

A novela gañadora do premio Fernando Lara, Después del amor, de Sonsoles Ónega, narra a difícil e real historia de amor de Carmen Trilla e Federico Escofet, dous personaxes que durante os anos 30 enfrontaron a condena social do divorcio, a guerra e o exilio para poder estar xuntos.

A historia chegou á xornalista e escritora, filla do lucense Fernando Ónega, cando no outono de 2014 as fillas da protagonista lle contaron a relación da súa nai co capitán do exercito Escofet, quen tivo un importante papel na Cataluña daqueles anos e en cuxa biografía non figura Carmen, quen pertencía á alta burguesía barcelonesa.

"Deime conta de que no relato daquelas dúas mulleres había unha historia de amor cunha protagonista que me parecía moi interesante por toda a loita que enarborou polo seu amor, que non era só o amor a Federico senón tamén o amor instintivo cara aos seus fillos", di Ónega en entrevista con Efe.

Os detalles desa relación que separou a Carmen das súas fillas, fóronlle legados á autora polo biógrafo de Escofet, Xavier Febrés, que escoitara del a historia de como coñeceu a Carmen, nun tren da cidade de Barcelona á Garriga, tamén en Barcelona, en setembro de 1933, encontro co que comeza a novela. "Non había necesidade de forzar a realidade, porque esta xa era pura literatura. Él podía sentarse en calquera outro vagón baleiro e sentou xunto a ela", unha casualidade que, para a autora, parece falar da "forza do destino", que se impuxo na vida destes personaxes.

A novela, quinta das que escribe Ónega, esixiu un exhaustivo traballo de documentación entre os libros escritos polo mesmo Federico Escofet, a súa biografía e a hemeroteca do diario La Vanguardia, que lle permitiu á autora acceder ás crónicas da época, escritas con "precisión case notarial" e así dar ao texto a verosimilitude necesaria.

A esa documentación que busca expor o contexto histórico e os grandes feitos que "condicionaron" a relación entre Federico e Carmen, seguiulle a tarefa de "ficcionar" aquilo do que non había rexistro histórico: o "como se amaron eses personaxes", a quen a autora tivo que dar voz. "Pór sentimentos a estes personaxes foi dos retos máis importantes aos que me enfrontei como escritora", asegura Ónega, quen di sentir de xeito tan intenso á protagonista que moitas veces se preguntou "que pensaría" ou "que diría Carmen" das cousas que suceden.

Comentarios