Descobren unha cidade oculta da antiga Grecia

Un grupo de arquólogos suecos localizan a urbe ao norte de Atenas, con restos que datan de ata o 500 a. de C.

Un grupo internacional de arqueólogos da Universidade de Gotemburgo (Suecia) descubriu unha cidade da antiga Grecia no centro dese país, no que antes se crían eran uns restos dun asentamento sen importancia.

O poboado está situado en Vlochós (norte de Atenas), ao redor do outeiro Strongilovoúni, nas chairas de Tesalia, e alí atoparon restos que se remontan ata o ano 500 a. de C., aínda que se cre que a época de florecimiento foi entre os séculos IV e III a. de C, informou esa universidade nun comunicado colgado na súa web.

O proxecto, no que tamén colaboran o Instituto Sueco de Atenas e os servizos arqueolóxicos da cidade grega de Karditsa, comezou o pasado setembro, un ano despois de que Robin Rönnlund, estudante de posgrao de Arqueoloxía Clásica e Historia Antiga examinase a zona por primeira vez.

"Un colega e eu atopamos o lugar en relación con outro proxecto e démonos conta do seu gran potencial ao momento. O feito de que ninguén explore antes o outeiro é un misterio", declarou Rönnlund, que agora dirixe os traballos de campo.

Na cima do outeiro e nas súas ladeiras hai restos de torres, muros e das portas da cidade -que se cre puido ser abandonada durante a conquista da zona polos romanos-, aínda que apenas son visibles desde o terreo.

O grupo investigador pretende evitar facer escavacións e usar no seu lugar outros métodos como radares para non alterar a zona.

"Atopamos unha praza e a cuadrícula dunha rúa que indican que se trata dunha cidade bastante grande. A área dentro dos muros da cidade mide máis de 40 hectáreas. Tamén achamos olería antiga e moedas que poidan axudar a datala", sinalou Rönnlund.

Os arqueólogos da Universidade de Gotemburgo cren que futuras escavacións na zona do achado poderían axudar a encher o buraco de coñecemento sobre a área e refugar a idea de que as chairas de Tesalia occidental eran unha especie de "páramo" na Antiga Grecia.

Comentarios