Descobren un barco da antiga Roma que naufagó fai 1.800 anos en Baleares

Tratábase dun pecio mercante que transportaba miles de ánforas con salsa de peixe
Restos del barco naufragado frente a las costas de Cabrera.
photo_camera Restos del barco naufragado frente a las costas de Cabrera.

Os investigadores que realizaron a primeira análise dun barco mercante romano afundido en augas do actual parque nacional de Cabrera entre os séculos III e IV d.C. considérano un achado "excepcional" porque é un dos pecios mellor conservados do Mediterráneo occidental.

O estudo do Cabrera XIV, como se chamou ao último dos naufraxios de época clásica identificados no fondo mariño protexido do parque balear, foi presentado esta mañá en Palma por membros do equipo científico que o levou a cabo con financiamento do Consell de Mallorca e o propio parque nacional.

A nave comercial do baixo imperio romano afundiuse ata 70 metros de profundidade nunha zona situada hoxe no ámbito do parque, onde está prohibido mergullar e a pesca de arrastre, informou o Consell de Mallorca nun comunicado.

O pecio presenta un túmulo de planta ovalada duns 15 metros de longo por 10 de anchura, cunha carga de entre 1.000 e 2.000 ánforas do norte de África e o sur de Hispania que se utilizaban para transportar salsas de peixe, un condimento moi apreciado polos romanos.

"Consérvase boa parte do cargamento colocado na posición orixinal. Moi probablemente tamén se conserven restos da madeira da embarcación baixo o túmulo de ánforas", indicaron os arqueólogos, que subliñan no seu informe que "sen dúbida" é o pecio mellor conservado de Baleares e un dos mellor preservados do Mediterráneo occidental.

Os científicos alertaron de que, a pesar de estar nunha zona vedada á pesca e o mergullo e a 70 metros de profundidade, o pecio "padece un risco elevado de espolio", polo que instaron ás administracións a adoptar medidas de control e vixilancia.

O vicepresidente do Consell de Mallorca, Francesc Miralles, responsable de Patrimonio, destacou que tras confirmar a análise inicial o valor do achado, é preciso "establecer mecanismos para a preservación deste ben patrimonial e habilitar sistemas para que esta riqueza cultural poida chegar á poboación".

Recordou que para iso será moi relevante culminar a Carta Arqueolóxica Subacuática de Mallorca que puxo en marcha a institución insular.

Comentarios