Demandan a un 'influencer' por non influír

A revista Times nomeou a Luka Sabbat como o mozo máis influente de internet en 2016

Luka Sabbat. INSTAGRAM
photo_camera Luka Sabbat. INSTAGRAM

Luka Sabbat é do 97 e o 'influencer' da xeración Z. A revista Times coroouno en 2016 como o mozo máis influente da rede. Vinculado a Kourtney Kardashian e amigo de artistas como Tyler The Creator, a súa vida cool non lle salvou da demanda dunha axencia de publicidade "por non influenciar", segundo recolle El País.

Sabbat comprometeuse coa firma de lentes Snap a promocionar un dos seus modelos. Por 60.000 dólares, como informa a revista Variety, o mozo tiña que publicar unha foto e tres stories en Instagram coas lentes e deixarse ver con elas na Semana da Moda de París e Milán. Pero o 'influencer' só publicou unha imaxe.

Ante tal decisión, a marca decidiu denuncialo por incumprimento de contrato, dándolle a opción de que lle devolvese o diñeiro que lle pagaron por adiantado, uns 45.000 dólares, ao que Sabbat negouse.

O tribunal de Nova York é o encargado de estudar o caso.

Comentarios