Defecar en piscinas, o novo reto viral

A Comunidade Valenciana é o foco desta tendencia, que xa levou a pechar varios vasos públicos
Piscina. EP
photo_camera Piscina. EP

Os retos virales instaláronse na nosa sociedade desde hai uns anos. O espectro que cobren é xigante, polo que vimos algúns solidarios e outros perigosos.

No entanto, o último en chegar, e que ademais ten o seu foco en España, baila entre a absurdez e o vandalismo: defecar en piscinas.

O reto consiste en ir a unha piscina e defecar alí mesmo, ou levar os excrementos de casa e depositalos no vaso.

Na Comunidade Valenciana varias instalacións xa tiveron que pechar pola presenza de bacterias das feces que obrigan a desinfectar a auga.

Comentarios