David Bustamante e Paula Echevarría sepáranse tras case 11 anos casados

A parella levaba meses sen compartir mostras de agarimo nas redes sociais, o que fixo saltar os rumores de ruptura
Paula Echevarría y David Bustamante
photo_camera Paula Echevarría y David Bustamante

David Bustamante e Paula Echevarría, unha das parellas preferidas do papel cuché, sepáranse tras case once anos de matrimonio. Os rumores de distanciamento que xurdiron nas últimas semanas tras a prolongada ausencia de manifestacións de agarimo nas súas redes sociais quedaron confirmados este luns en El Programa de Ana Rosa e, aínda que aínda non houbo comunicación oficial da ruptura por parte da mediática parella, a prensa rosa dáo xa como un feito consumado. Ao parecer, será a actriz a que permaneza no domicilio familiar e o cantante o que se mude ao piso que os seus pais teñen cerca.



Empezaron a saír en 2005 e casaron o 22 de xullo do 2006 na basílica Santa María la Real en Covadonga, en Asturias, acompañados por máis de 300 invitados. Dous anos despois, en agosto do 2008, nacía a súa filla Daniella.


Comentarios