David Bustamante e Paula Echevarría asinaron a súa separación hai máis de tres anos

Casaron en réxime de separación de bens e, ante notario, asinaron en 2014 unhas capitulacións para unha hipotética disolución da unión
Paula Echevarría y David Bustamante el día de su boda
photo_camera Paula Echevarría y David Bustamante el día de su boda

Tal e como recolle Vanitatis, a separación de David Bustamante e Paula Echevarría era algo que a parella contemplaba como posibilidade desde hai uns anos, cando comezaron a rexistrarse as primeiras crises da parella. De feito, o citado medio cita a amigos da parella que sosteñen que aínda que parecese "todo idílico, levaban tempo facendo vidas separadas", aínda que permanecían xuntos pola súa filla. O longo desgaste do romance quedaría demostrado pola existencia dun  documento asinado hai 3 anos para rexer o seu hipotético divorcio de forma ordenada e atando todos os cabos que puidesen quedar no aire a pesar de que xa se casaron en réxime de separación de bens. 

O AMIGO DE INSTAGRAM. A raíz do anuncio da separación, varios medios preguntábanse estes días quen é o mozo co que estivo aparecendo a actriz en Instagram estes meses e, sempre, en publicacións que inclúen mensaxes abertamente cariñosas. Pois ben, mentres algúns especulan cun posible romance, outros medios desactivan o rumor sostendo que Miguel, como se chama o mozo, é o maquillador de cabeceira de Paula e a súa relación é estritamente profesional.

Comentarios