Cruise y Travolta, ¿30 años de amor?

A revista 'Star' asegura que os dous famosos actores de Hollywood manteñen unha relación desde hai tres décadas

Tom Cruise e John Travolta estarían mantendo unha relación amorosa desde hai máis de 30 anos, segundo informa a revista sensacionalista Star. No seu número da semana pasada, a publicación abría a portada cunha montaxe dos dous actores baixo o titular "Tom e John, 30 anos de secreto gai’".

Star sinala que John Travolta púxolle o "ollo" a Tom Cruise tras a actuación deste en ‘Risky business’ en 1983. A revista, que cita só a fontes anónimas, sinala que a suposta parella estivo moi próxima en Oregón, lugar no que sitúan o nacemento da relación.

"John, literalmente, obsesionouse con Tom", dixo unha das fontes anónimas a Star . "Logo de velo en ‘Risky business’, John fixo que o seu persoal o puxesen en contacto co representante de Tom, e que lle explicasen que estaba ansioso por coñecelo. Tom estaba afagado, aparentemente, e accedeu a ir con el a unha cea", dixo o informante sobre o nacemento da ‘parella’.

Segundo informa Star, Travolta, quen é piloto comercial certificado, acomodou unha das súas aeronaves para viaxar con Cruise dos Ánxeles a Portland, momento no que aproveitou para mostrarlle un dos centros de Ciencioloxía en Oregón. Aí discutiron aspectos da película ‘Top Gun’, onde Cruise interpretaba un piloto. Travolta deulle consellos para pilotar avións.

Segundo Star, Cruise non foi introducido á Ciencioloxía a finais do anos oitenta coa súa primeira esposa, senón que sería Travolta quen lle mostrou as bondades desta igrexa. A revista ofrece detalles de amizade pero non dá información crave sobre a suposta relación amorosa. Con todo asegura que a parella se mantivo unida durante polo menos 30 anos.

A sexualidade de Travolta e de Cruise foi cuestionada en diversas ocasións, aínda que ambos os actores tiveron relacións duradeiras con mulleres.

Comentarios