CR7 e Alessandra Ambrosio, nun posado 'hot'

O futbolista e a modelo brasileira protagonizan unha sensual portada de GQ

GQ, coa intención de "fotografar en roupa interior a dous dos mellores corpos do planeta", reuniu na súa portada ao futbolista Cristiano Ronaldo e á modelo Alessandra Ambrosio. Como curiosidade, na entrevista que acompaña ao pousado, Cristiano asegura que non lle importaría acabar a súa carreira nos EE UU. E, aínda que a brasileira se desfaga en boas palabras cara ao portugués, recordemos que a top declarouse no pasado fan de Neymar.

Comentarios