Cóase nun zoo para intentar roubar un mono para a súa noiva e acaba nunha pelexa de simios

O mozo acabou coa perna fracturada, dous dentes rotos e detido

Mono ardilla. INTERNET
photo_camera Mono ardilla. INTERNET

Un home, de 23 anos, cortou dous cadeados da porta do zoo de Wellington, en Nova Zelandia, para coarse no recinto dos simios, segundo o xornal New Zealand Herald. A intención do mozo era roubar un dos animais para regalarllo á súa noiva pero o plan non saíu segundo o previsto. 

O home atopouse no medio dunha pelexa cos monos e acabou cunha perna fracturada, dous dentes rotos e un nocello torto. E, ademais, co seu arresto. 

Este suceso ocorreu o pasado mes de abril pero saíu á luz este xoves ao coñecerse a condena do xuíz Casford que o condena a dous anos e sete meses de prisión

Comentarios