Chicote volve a Galicia para destapar a fraude do mero

En moitos restaurantes dan perca do Nilo no seu lugar

El cocinero Iván Méndez y Chicote. LASEXTA
photo_camera O cociñeiro Iván Méndez e Chicote. LASEXTA

O cociñeiro Alberto Chicote visitou de novo Galicia para destapar a fraude do mero. Para iso, o chef visitou o porto de Vigo, un dos principais puntos de entrada de peixe en España, e tamén departiu con Iván Méndez, xefe de cociña do restaurante Marina Davila, no mesmo peirao olívico.  

O chef galego explica que compra o mero a 36 euros o quilo. E isto choca co que se atopou Chicote en varios restaurantes: mero a menos de 10 euros. A fraude? Dar no seu lugar perca do Nilo.

"Nin sequera aquí temos mero todos os días porque non entra ao porto. éÉ un peixe para vestir unha carta", indicou Méndez a Chicote, que na segunda parte do programa investigou sobre o peixe manteiga, que está na maioría das cartas dos xaponeses... cando no país nipón está prohibido.

Comentarios