Cheo en Froxán na Festa da Pisa da castaña

Esta aldea do Courel quedase pequena para acoller aos centos de turistas que se desprazaron ata a celebración etnográfica
Froxán
photo_camera Froxán

A aldea de Froxán, no Courel, celebra este domingo a súa Festa da Pisa e centos de persoas ateigan desde primeiras horas da mañá esta poboación na que no resto do ano viven unha vintena de persoas.

Ao longo da xornada víronse ringleiras para poder aparcar e para recoller a comida.

A festa, organizada polo colectivo Fonte do Milagro, recupera unha serie de tarefas que eran habituais fai medio século na montaña para secar as castañas e preparalas para consumir durante o ano.

Ao longo do domingo funcionarán os antigos sequeiros nos que se secaban as castañas. Pola mañá houbo demostracións do pisado e do abandoxado, técnicas para pelar as castañas secas. Nestas tarefas participaron os visitantes e tamén o humorista Xosé Touriñán, que exerceu de pregoeiro.

No resto da xornada calébranse novas mostras de pisado e abandoxado, música tradicional e feira de artesanía e libros.

Comentarios